sexta-feira, 23 de agosto de 2019

Meditações - O vento é un reloxe afusquinado

O vento é un reloxe afusquinado.
Pola ventana aberta vem o mare.
E o sopro da notiña na parede enguedéllase.
A lembranza renace co recendo do sal.
E xa non é o xilgaro. Nin tan siquera o corvo.
Nin os musgos que agroman polos bosques.
E todo o ceo é somente unha nube.
Qué será do azahar do limoeiro que é frol de todo o ano?

Miguel González Garcés

Sem comentários:

Enviar um comentário